domingo, 4 de noviembre de 2012

Sociedade enferma?


RESUMO

O documento é un texto de opinión que reflexa a idea do autor de que a sociedade actual está enferma. Con isto quérese dicir que o conxunto da sociedade xa nin se preocupa por temas que verdadeiramente deberían escandalizarnos a todos, que xa non pon interés no de arredor, pois está xa demasiado acostumada a ver como moitos rouban, trampean, extorsionan... e porén, quedan sempre impunes.
Ante esta situación, segundo o autor, a sociedade adopta unha actitude pasiva grazas á cal é quen de non sorprenderse con cada novo escándalo. Contra isto, propón unha serie de solucións: castigos exemplares, acoller o pensamento crítico, participación cidadá na política, defender un marco ético e por último, a repulsa social cara todo aquilo que sexa indecente.


LISTADO DE CONCEPTOS

· Síndrome de inmunodeficiencia.
· Patoloxía.
· Pensamento crítico.  
· Democracia.
· Corrupción.
· Cumbre de Lisboa.
· Educación para a cidadanía.
· Estado de Dereito.                                                           


FONTES
-Síndrome de inmunodeficiencia: O autor, para exemplificar a sociedade enferma da que quere falar no texto, compáraa co síndrome de inmunodeficiencia. Así que para comezar a comprender o artigo, o primeiro será definir este concepto. Para isto, dirixímonos á páxina web da Organización Mundial da Saúde (OMS) e recollemos dita definición: “o síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA) (http://www.who.int/topics/hiv_aids/es/) é un termo que se aplica aos estadios máis avanzados da infección por VIH e defínese pola presenza dalgunha das máis de 20 infeccións oportunistas ou de cánceres relacionados co VIH”.

-Patoloxía: Para comprender este termo no texto, considero que só se necesita unha simple e clara definición, así que neste caso a fonte escollida será o Wordrefence (http://www.wordreference.com/es/en/frames.asp?es=patolog%C3%ADa): “Conxunto de síntomas dunha enfermidade”.

-Pensamento crítico: Ana Muñoz é unha psicóloga e escritora de quen atopamos un artigo moi interesante na páxina web motivación.about.com sobre este tema Ser capaz de utilizar un pensamiento crítico significa que piensas por ti mismo, que no aceptas las ideas y opiniones de los demás simplemente porque lo dicen ellos, lo dice la mayoría o lo dice la sociedad, sino porque has pensando en ello, conoces los argumentos a favor y en contra y has tomado tu propia decisión respecto a lo que consideras verdadero o falso, aceptable o inaceptable, deseable o indeseable.” e do que recomendo a súa lectura (http://motivacion.about.com/od/aprendizaje_estudios/a/El-Pensamiento-Critico.htm), especialmente despois da lectura obxecto do noso traballo.

-Democracia: A democracia foi definida por primeira vez na Grecia clásica, da man de Platóne e Aristóteles, da seguinte maneira: goberno da multitude ou das masas. Saíndonos un pouco do contexto etimolóxico, poderíamos nominala como unha forma de organización social na que as decisións son tomadas polo conxunto dos cidadáns de maneira indirecta a través dos seus representantes. Neste caso, a información provén das experiencias propias (non debemos esquecer que esta é sempre unha fonte informativa primaria); mais poderíamos atopar definicións en páxinas como a wikipedia; ademais de en incontables libros políticos ou filosóficos.

-Corrupción: No texto fálase de como a corrupción enferma á sociedade. Opino que neste caso, o mellor sería ilustrar a idea con exemplos tirados de medios de comunicación, que poñen de relevancia exactamente aquilo ao que se refire o autor. Por exemplo, a seguinte sección da versión dixital de El País ocúpase de temas relacionados coa corrupción en España: http://elpais.com/tag/corrupcion/a/.

-Cumbre de Lisboa: Esta foi unha sesión especial celebrada polo Consello Europeo os días 23 e 24 de 2000 en Lisboa para acordar un novo obxectivo estratéxico da Unión a fin de reforzar o emprego, a reforma económica e a cohesión social. Así se explica na páxina web do parlamento europeo (http://www.europarl.europa.eu/summits/lis1_es.htm).

-Educación para a cidadanía: No Boletín Oficial do Estado (BOE) atopamos o Real Decreto que determina a impartición de dita materia na Educación Primaria, para que os estudantes “coñezan a Constitución , o funcionamento das institucións públicas e canto se refire aos dereitos e liberdades que caracterizan o Estado democrático español” (http://www.boe.es/boe/dias/2012/08/04/pdfs/BOE-A-2012-10473.pdf).

-Estado de Dereito : Para a Organización das Nacións Unidas (ONU), o Estado de Dereito é “un principio de goberno segundo o cal todas as persoas, institucións e entidades públicas e privadas, incluído o propio Estado, están sometidas a unhas leis que se promulgan publicamente, fanse cumplir por igual e aplícanse con independencia, ademais de ser compatibles coas normas e os principios internacionais de dereitos humanos” (http://www.un.org/es/ruleoflaw/)



CONCLUSIÓNS
Creo que para unha primeira lectura superficial do texto, non sería demasiado necesario indagar nos termos anteriormente descritos. Mais, se queremos afondar nas profundidades ás que nos leva o autor, estas indagacións ábrennos portas que non poden deixarnos indiferentes. Transmítenos unha inquietude que nos fai mirar arredor e reflexionar de verdade sobre en que sociedade vivimos.
Grazas a este traballo, afondamos en temas de actualidade que nos afectan directamente como membros da sociedade.

domingo, 21 de octubre de 2012

Documentación Informativa


Resumo:
A documentación informativa é unha disciplina que avanza ao mesmo tempo que o mundo que a rodea, adaptándose aos medios e tecnoloxías. Consiste na recompilación de información co fin de crear unha base de datos organizada que facilite o acceso a todos os usuarios.
No mundo xornalístico é unha ciencia básica que non solo o complementa, se non que se converte en algo fundamental, xa que permite verificar, contrastar, contextualizar, investigar, etc. toda a información que finalmente chegará aos receptores.


Palabras clave:
Documentación; información; bibliografía; documento; contrastar; verificar; ordenar; organizar.


Introdución:
O presente traballo pretende facer unha achega á disciplina da Documentación Informativa: en que consiste, cales son as súas orixes, como foi evolucionando e adaptándose ao longo do tempo en relación cos medios actuais, cal é o seu obxectivo... son temas que abordaremos ao longo deste escrito. Para esta investigación valémonos de diferentes documentos atopados pola rede e da achega de diferentes autores especialistas neste ámbito.


Concepto e principios:
A Documentación Informativa pode definirse como unha ciencia social cunha función mediadora entre o creador da información e o receptor desta. Está ao servizo da produción de informacións de actualidade, ao incremento da súa calidade, ao seu almacenamento e conservación, e á súa difusión e reutilización; e trata de recompilar, almacenar, analizar e difundir información contida en documentos de distinto tipo para facela accesible a todo o mundo.
Podemos situar a orixe da Documentación polo ano 1985, cando Henri La Fontaine e Paul Otlet crean o Instituto Nacional de Bibliografía en Bruselas, co obxectivo de poder acumular todo o saber nun único lugar. Moitos consideran este feito como a creación dunha nova ciencia, posto que incorpora métodos propios de traballo e os estudos pertinentes para o seu desenvolvemento.
Así, a Documentación xorde nun contexto marcado polo positivismo, o empirismo e o coñecemento indutivo, que marca un importante incremento das Academias e revistas científicas, así como da fotografía e os cinematógrafos, por exemplo.


Características da información de actualidade:
A información de actualidade é unha complexa relación de causas e efectos constituída por todos os ámbitos que afectan á condición humana en sociedade: política, economía, sociedade, cultura, etc.  As noticias relaciónanse entre si, provindo dunha serie de antecedentes e desembocando nunha serie de consecuencias. Por este feito é moi importante que cada información se presente tendo como obxectivo, entre outros, documentar ao receptor co fin de que quede clara a relación co resto de informacións.
Hai unha serie de riscos que caracterizan á información da actualidade e que están determinadas pola relación que garda entre sí e a globalización á que está sometida. 
  • Coincidencia episódica: Toda a información é repetida en diferentes medios ao mesmo tempo.
  • Redundancia cíclica: Moitos acontecementos son repetidos ciclicamente, o que permite á documentación estar preparada para recibilos.
  •  Efecto Mateo: Prodúcese un desequilibrio entre os protagonistas das informacións porque algunhas personaxes adoitan ser o centro das noticias mentres que outros case non aparecen.
  • Multiplicidade de soportes: Hoxe en día, coa cantidade de soportes de todo tipo cos que contamos, a información pode colarse en calquera: soportes escritos, visuais, audiovisuais, radiofónicos...
  • Fragmentación da mensaxe: Debido ao desequilibrio no ritmo de produción de acontecementos e o ritmo de publicación dos mesmos, a información non adoita chegar dunha soa vez.
  • Latencia: A pesar da fugacidade da información, calquera feito pode ser susceptible de tornarse protagonista de novo.
  •  Documentos compostos: A maioría da información componse de elementos diferentes (fotografías, textos, vídeos...) que dificultan a organización documental.
  • Estratificación de usuarios e usos: Trabállase para usuarios moi diferentes.
  •  Relatividade de significado: Segundo o contexto no que introduzamos unha información, esta pode tomar diversos significados.
  • Omisión: débese ter en conta que moitos medios de comunicación escollen a información, suprimindo moitas veces certa parte por diversos motivos: por doxoloxía, por agnosticismo ou por imposición.



Función:
A función que persigue a documentación é a do establecemento de mecanismos de mediación entre o creador e o usuario da información.
Sendo un pouco máis concretos, podemos analizar unha serie de funcións:
  •  Verificación da exactitude da información e a corrección de datos.
  •  Contextualización con datos que apoien e complementen a información.
  •  Servir de apoio visual.
  •  Servir de memoria e soporte da línea editorial.
  •  Investigar e preparar material propio.



Finalidade:
O fin último da documentación é ordenar e organizar todos os documentos dos que se dispoñan para poder xerar documentos secundarios que deriven da información dos primeiros (xa dixemos que a información estaba relacionada toda entre si); así como para poder dispoñer e conservar toda a información humana e facilitar o acceso a ela, con comodidade e rapidez.


Centro de documentación nun medio: funcións, características e fins:
Os centros de documentación son lugares (poden ser físicos ou non) teñen como obxectivo poñer a disposición dos usuarios unha serie de informacións organizadas e recompiladas de xeito que facilite o acceso a elas.
Neles gárdanse documentos bibliográficos e fondos especializados; e o resultado final é a creación dunha base de datos.



Bibliografía:





lunes, 8 de octubre de 2012

Análise da marcha do 25 de setembro:


¿Qué pasou onte (25/9/12) en Madrid?

O 25 de setembro foi convocada unha manifestación ás portas do Congreso dos Deputados, en Madrid, para tomar dito edificio. O propósito era protestar contra a inestable e crítica situación económica actual, que os convocantes definen como intolerable, e pedir que se estableza unha “democracia real”. No seguinte enlace podemos ver o manifesto que elaborou unha das plataformas sociais instigadoras (“¡En Pie!”), onde explican os motivos que os levaron a convocar a protesta, e os fins que pretenden conseguir: la dimisión del Gobierno y la apertura de un Proceso Constituyente, haciendo de éste, el llamamiento de unión de todas las luchas por una Sociedad más justa” http://plataformaenpie.wordpress.com/manifiesto/
A manifestación, en principio pacífica, acabou nun grave enfrontamento entre a policía e os manifestantes, cun resultado de 35 detidos. En canto aos feridos, as cifras varían segundo a fonte informativa. No elperiodico.com ou eldiario.es fálase de 14 feridos; mentres que en xornais como El País ou en rtve.es sobresae a cifra 64. No seguinte vídeo de La Sexta podemos facernos unha idea do revolto formado na pasada xornada: http://www.youtube.com/watch?v=7RGXt3LbpiU.  Pero tamén debemos ter en conta que outros telexornais enfocaron os sucesos dende un punto de vista diferente.


¿Qué papel xogou a policía?

Segundo os propios manifestantes, que divulgaron a información sobre todo a través das redes sociais e das súas plataformas web, un grupo de policías infiltrados mesturáronse entre eles para rebentar a protesta dende dentro e conseguir así que os antidisturbios cargaran contra eles (http://www.meneame.net/b/1720643).
Pero lonxe destas especulacións, en todos os vídeos divulgados, sexa pola canle que sexa, pódese observar unha  actuación desproporcionada por parte da policía, quen non dubidou en pegar coas porras por enriba da cintura, infrinxindo así o regramento. Outra contrariedade legal sería o feito de non ensinar  o número de placa.
Segundo a propia policía, esta simplemente contivo aos manifestantes que se puxeron violentos e dispersou ao grupo para evitar un enfrontamento maior.


¿Qué papel xogaron os manifestantes?

Segundo os manifestantes, cuxas declaracións e reportaxes podemos atopar en distintas redes sociais e plataformas de internet, estiveron protestando de xeito pacífico ata que a policía cargou contra eles de maneira desproporcionada e moi violenta.
Segundo outras fontes, especialmente declaracións da propia policía, os manifestantes adicáronse a provocar, ameazar e actuar de xeito violento, ata que á policía non lle quedou máis remedio que dispersar a concentración.


Qué papel xogou a clase política? ¿Cantos diputados asistían ao pleno?

Dende o PP, califícanse as protestas como radicais e antidemócratas e critícase moito a iniciativa. O PSOE, a través de Soraya Rodríguez, tamén criticou os feitos e chamou a defender o Congreso como representación lexítima dos cidadáns, a pesar de “entender o malestar xeral”. Por outra parte, IU apoiou a protesta (aínda que non foi moi ben recibido por parte dos manifestantes).
Segundo El Pais, só 50 deputados asistiron ao pleno.


Qué pasou no pleno do Congreso?

Ao longo do Pleno mostráronse diferentes propostas, co seguinte resultado:
Rexeitamento da proposición de Lei Orgánica para previr e erradicar a discriminación lingüística e asegurar a liberdade de elección de lingua, proposto por UPyD; rexeitamento da proposición de lei sobre a mellora da accesibilidade nas comunidades de vivendas, proposto polo Grupo Parlamentario Vasco (EAJ-PNV); rexeitamento da Proposición de non Lei para a racionalización do réxime retributivo dos cargos políticos electivos mediante un sistema obxectivo, coherente e transparente a nivel nacional, proposto por UPyD; rexeitamento da proposición non de lei relativa á loita contra o fraude fiscal, proposta polo Grupo Parlamentario Vasco (EAJ-PNV); rexeitamento da moción consecuencia da interpelación urxente sobre o aproveitamento dos alimentos descartados polas grandes superficies, proposto polo Grupo Parlamentario Mixto; rexeitamento da moción consecuencia da interpelación urxente sobre os propósitos do Goberno en relación ao acceso dos estudantes españois na súa etapa de educación obrigatoria a una alimentación nos centros escolares que permita o pleno desenvolvemento do dereito á educación regulado na Constitución española, proposto por UPyD; e rexeitamento da moción consecuencia da interpelación urxente sobre a creación dun Fondo Verde de inversión para xerar crecemento e emprego, proposto polo Grupo Parlamentario Vasco (EAJ-PNV).
                                                                                

Por qué foi a concentración. Quen chamou á concentración?

Foi convocada pola nova plataforma social, “25S”, e o movemento “¡Ponte en pie!”;  pero foi apoiada tamén por outros colectivos. Anteriormente xa expuxemos os motivos que levaron a esta iniciativa, xunto co manifesto de “¡Ponte en pie!”.
Algunha das testemuñas achégannos as súas razóns persoais: Yo tengo una niña de 6 meses y me tiro trabajando 18 horas bajo la lluvia para que me quiten 700 euros. ¿Cómo voy a pagar las vacunas de mi hija que cuestan más de 70 euros y qué le voy a regalar por Navidad? Yo tengo que estar aquí


Onde vistedes as noticias?

En diferentes redes sociais onde os participantes nas protestas colgaron vídeos e as súas propias crónicas (como en Facebook e Twitter) e en páxinas web de diferentes xornais (como elpais.com, por exemplo).


Cómo valorades esa información recibida?

Nada esclarecedora. O contraste da información provinte entre as diferentes fontes é demasiado grande e as contradicións non axudan a chegar a ningunha conclusión satisfactoria. As cifras de asistentes ou feridos, por exemplo, bailan notablemente entre as diferentes fontes. Ademais, todos os tratamentos son demasiado subxectivos.


Qué lle faltaba a esa información?

Principalmente, obxectividade.


Qué consecuencias ou qué lectura se pode facer ou entresacamos da concentración / manifestacións?

Principalmente, debemos destacar o patente malestar social, que se traduce nestas protestas. A elevada taxa de paro, a redución de salarios, os recortes nos diferentes sectores… son o motor que iniciou as protestas.
Por outra parte, a desconformidade dos mandatarios e principais partidos políticos con esta iniciativa fai patente o choque de intereses entre ambos, o que só conseguirá incrementar o malestar xeneralizado.


¿Qué outras preguntas habería que facerse?

O máis importante sería eliminar os contrastes tan diversos entre as diferentes fontes informativas para conseguir unha información clara e precisa. Ademais, sería interesante descubrir se son certos os rumores acerca dos policías encapuchados.

jueves, 20 de septiembre de 2012

Eleccións galegas do 21 de outubro. Guión para un debate:


1- Introducción, contextualización:

1.1- Contexto, situación política actual.

1.2- Presentación de cada partido e o seu candidato.  
     Neste caso              PP: Núñez Feijoo
                                       PSOE:  Pachi Vázquez
                                       UPyD: José Canedo
                                       BNG: Francisco Jorquera
                                       Anova: Xosé Beiras
                                       CxG: Vascuas
     (Os candidatos estarán de pé en estrados individuais)

1.3- Exposicións de cada grupo, das súas respectivas ideas a grandes rasgos. (3’ por candidato, sen réplicas nin preguntas)

2- Argumentación e contraargumentación:

2.1- Exposición dos programas electorais por parte de cada candidato

2.1.1 Política económica

2.1.2 Política social

2.1.2.1 Sanidade e educación

2.1.3 Política territorial. Competencias estatais

3- Interpelacións

3.1 Por turnos cada grupo será sometido a preguntas por parte dos outros candidatos (sendo 
permitida unha única réplica por pregunta doutro candidato).

3.2 Os candidatos poden ser interrompidos polos xornalistas para aclarar puntos, máis poden negarse a contestar

4- Exposición

4.1 Conclusións

4.2 Breve exposición final de cada candidato (máx 2’30’’ por candidato)


Sergio Álvarez Vales, Uxía Estévez Álvarez, Alexandra Padín González, Raquel Pérez Vázquez, Rosalía Quiroga Trasorras.