domingo, 21 de octubre de 2012

Documentación Informativa


Resumo:
A documentación informativa é unha disciplina que avanza ao mesmo tempo que o mundo que a rodea, adaptándose aos medios e tecnoloxías. Consiste na recompilación de información co fin de crear unha base de datos organizada que facilite o acceso a todos os usuarios.
No mundo xornalístico é unha ciencia básica que non solo o complementa, se non que se converte en algo fundamental, xa que permite verificar, contrastar, contextualizar, investigar, etc. toda a información que finalmente chegará aos receptores.


Palabras clave:
Documentación; información; bibliografía; documento; contrastar; verificar; ordenar; organizar.


Introdución:
O presente traballo pretende facer unha achega á disciplina da Documentación Informativa: en que consiste, cales son as súas orixes, como foi evolucionando e adaptándose ao longo do tempo en relación cos medios actuais, cal é o seu obxectivo... son temas que abordaremos ao longo deste escrito. Para esta investigación valémonos de diferentes documentos atopados pola rede e da achega de diferentes autores especialistas neste ámbito.


Concepto e principios:
A Documentación Informativa pode definirse como unha ciencia social cunha función mediadora entre o creador da información e o receptor desta. Está ao servizo da produción de informacións de actualidade, ao incremento da súa calidade, ao seu almacenamento e conservación, e á súa difusión e reutilización; e trata de recompilar, almacenar, analizar e difundir información contida en documentos de distinto tipo para facela accesible a todo o mundo.
Podemos situar a orixe da Documentación polo ano 1985, cando Henri La Fontaine e Paul Otlet crean o Instituto Nacional de Bibliografía en Bruselas, co obxectivo de poder acumular todo o saber nun único lugar. Moitos consideran este feito como a creación dunha nova ciencia, posto que incorpora métodos propios de traballo e os estudos pertinentes para o seu desenvolvemento.
Así, a Documentación xorde nun contexto marcado polo positivismo, o empirismo e o coñecemento indutivo, que marca un importante incremento das Academias e revistas científicas, así como da fotografía e os cinematógrafos, por exemplo.


Características da información de actualidade:
A información de actualidade é unha complexa relación de causas e efectos constituída por todos os ámbitos que afectan á condición humana en sociedade: política, economía, sociedade, cultura, etc.  As noticias relaciónanse entre si, provindo dunha serie de antecedentes e desembocando nunha serie de consecuencias. Por este feito é moi importante que cada información se presente tendo como obxectivo, entre outros, documentar ao receptor co fin de que quede clara a relación co resto de informacións.
Hai unha serie de riscos que caracterizan á información da actualidade e que están determinadas pola relación que garda entre sí e a globalización á que está sometida. 
  • Coincidencia episódica: Toda a información é repetida en diferentes medios ao mesmo tempo.
  • Redundancia cíclica: Moitos acontecementos son repetidos ciclicamente, o que permite á documentación estar preparada para recibilos.
  •  Efecto Mateo: Prodúcese un desequilibrio entre os protagonistas das informacións porque algunhas personaxes adoitan ser o centro das noticias mentres que outros case non aparecen.
  • Multiplicidade de soportes: Hoxe en día, coa cantidade de soportes de todo tipo cos que contamos, a información pode colarse en calquera: soportes escritos, visuais, audiovisuais, radiofónicos...
  • Fragmentación da mensaxe: Debido ao desequilibrio no ritmo de produción de acontecementos e o ritmo de publicación dos mesmos, a información non adoita chegar dunha soa vez.
  • Latencia: A pesar da fugacidade da información, calquera feito pode ser susceptible de tornarse protagonista de novo.
  •  Documentos compostos: A maioría da información componse de elementos diferentes (fotografías, textos, vídeos...) que dificultan a organización documental.
  • Estratificación de usuarios e usos: Trabállase para usuarios moi diferentes.
  •  Relatividade de significado: Segundo o contexto no que introduzamos unha información, esta pode tomar diversos significados.
  • Omisión: débese ter en conta que moitos medios de comunicación escollen a información, suprimindo moitas veces certa parte por diversos motivos: por doxoloxía, por agnosticismo ou por imposición.



Función:
A función que persigue a documentación é a do establecemento de mecanismos de mediación entre o creador e o usuario da información.
Sendo un pouco máis concretos, podemos analizar unha serie de funcións:
  •  Verificación da exactitude da información e a corrección de datos.
  •  Contextualización con datos que apoien e complementen a información.
  •  Servir de apoio visual.
  •  Servir de memoria e soporte da línea editorial.
  •  Investigar e preparar material propio.



Finalidade:
O fin último da documentación é ordenar e organizar todos os documentos dos que se dispoñan para poder xerar documentos secundarios que deriven da información dos primeiros (xa dixemos que a información estaba relacionada toda entre si); así como para poder dispoñer e conservar toda a información humana e facilitar o acceso a ela, con comodidade e rapidez.


Centro de documentación nun medio: funcións, características e fins:
Os centros de documentación son lugares (poden ser físicos ou non) teñen como obxectivo poñer a disposición dos usuarios unha serie de informacións organizadas e recompiladas de xeito que facilite o acceso a elas.
Neles gárdanse documentos bibliográficos e fondos especializados; e o resultado final é a creación dunha base de datos.



Bibliografía:





1 comentario:

  1. Ben polo esforzo, pero faltou dar un paso máis. Hai confusión entre Ciencia da Documentación e Documentación informativa. E non son cousas iguais, teñen rasgos en común, pero do que se trataba era de investigar sobre Documentaicón informativa. Hai unha definición de Documentación informativa, pero sen fonte, e tamén fala de Otlet e La Fontaine, que non teñen que ver coa Docum Informativa. Non hai principios. As características da información de actualidade non teñen a fonte correspondientes, tampouco as funcións teñen a cita. Hai que prestar moita atención coas formas de citar as fontes no texto e logo facer as referencias bibliográficas exactas. Algo que no pasa,xa que as 4 URLs que aparecen como fontes no están corretamente referenciadas.
    Non ten mapa conceptual

    ResponderEliminar