domingo, 4 de noviembre de 2012

Sociedade enferma?


RESUMO

O documento é un texto de opinión que reflexa a idea do autor de que a sociedade actual está enferma. Con isto quérese dicir que o conxunto da sociedade xa nin se preocupa por temas que verdadeiramente deberían escandalizarnos a todos, que xa non pon interés no de arredor, pois está xa demasiado acostumada a ver como moitos rouban, trampean, extorsionan... e porén, quedan sempre impunes.
Ante esta situación, segundo o autor, a sociedade adopta unha actitude pasiva grazas á cal é quen de non sorprenderse con cada novo escándalo. Contra isto, propón unha serie de solucións: castigos exemplares, acoller o pensamento crítico, participación cidadá na política, defender un marco ético e por último, a repulsa social cara todo aquilo que sexa indecente.


LISTADO DE CONCEPTOS

· Síndrome de inmunodeficiencia.
· Patoloxía.
· Pensamento crítico.  
· Democracia.
· Corrupción.
· Cumbre de Lisboa.
· Educación para a cidadanía.
· Estado de Dereito.                                                           


FONTES
-Síndrome de inmunodeficiencia: O autor, para exemplificar a sociedade enferma da que quere falar no texto, compáraa co síndrome de inmunodeficiencia. Así que para comezar a comprender o artigo, o primeiro será definir este concepto. Para isto, dirixímonos á páxina web da Organización Mundial da Saúde (OMS) e recollemos dita definición: “o síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA) (http://www.who.int/topics/hiv_aids/es/) é un termo que se aplica aos estadios máis avanzados da infección por VIH e defínese pola presenza dalgunha das máis de 20 infeccións oportunistas ou de cánceres relacionados co VIH”.

-Patoloxía: Para comprender este termo no texto, considero que só se necesita unha simple e clara definición, así que neste caso a fonte escollida será o Wordrefence (http://www.wordreference.com/es/en/frames.asp?es=patolog%C3%ADa): “Conxunto de síntomas dunha enfermidade”.

-Pensamento crítico: Ana Muñoz é unha psicóloga e escritora de quen atopamos un artigo moi interesante na páxina web motivación.about.com sobre este tema Ser capaz de utilizar un pensamiento crítico significa que piensas por ti mismo, que no aceptas las ideas y opiniones de los demás simplemente porque lo dicen ellos, lo dice la mayoría o lo dice la sociedad, sino porque has pensando en ello, conoces los argumentos a favor y en contra y has tomado tu propia decisión respecto a lo que consideras verdadero o falso, aceptable o inaceptable, deseable o indeseable.” e do que recomendo a súa lectura (http://motivacion.about.com/od/aprendizaje_estudios/a/El-Pensamiento-Critico.htm), especialmente despois da lectura obxecto do noso traballo.

-Democracia: A democracia foi definida por primeira vez na Grecia clásica, da man de Platóne e Aristóteles, da seguinte maneira: goberno da multitude ou das masas. Saíndonos un pouco do contexto etimolóxico, poderíamos nominala como unha forma de organización social na que as decisións son tomadas polo conxunto dos cidadáns de maneira indirecta a través dos seus representantes. Neste caso, a información provén das experiencias propias (non debemos esquecer que esta é sempre unha fonte informativa primaria); mais poderíamos atopar definicións en páxinas como a wikipedia; ademais de en incontables libros políticos ou filosóficos.

-Corrupción: No texto fálase de como a corrupción enferma á sociedade. Opino que neste caso, o mellor sería ilustrar a idea con exemplos tirados de medios de comunicación, que poñen de relevancia exactamente aquilo ao que se refire o autor. Por exemplo, a seguinte sección da versión dixital de El País ocúpase de temas relacionados coa corrupción en España: http://elpais.com/tag/corrupcion/a/.

-Cumbre de Lisboa: Esta foi unha sesión especial celebrada polo Consello Europeo os días 23 e 24 de 2000 en Lisboa para acordar un novo obxectivo estratéxico da Unión a fin de reforzar o emprego, a reforma económica e a cohesión social. Así se explica na páxina web do parlamento europeo (http://www.europarl.europa.eu/summits/lis1_es.htm).

-Educación para a cidadanía: No Boletín Oficial do Estado (BOE) atopamos o Real Decreto que determina a impartición de dita materia na Educación Primaria, para que os estudantes “coñezan a Constitución , o funcionamento das institucións públicas e canto se refire aos dereitos e liberdades que caracterizan o Estado democrático español” (http://www.boe.es/boe/dias/2012/08/04/pdfs/BOE-A-2012-10473.pdf).

-Estado de Dereito : Para a Organización das Nacións Unidas (ONU), o Estado de Dereito é “un principio de goberno segundo o cal todas as persoas, institucións e entidades públicas e privadas, incluído o propio Estado, están sometidas a unhas leis que se promulgan publicamente, fanse cumplir por igual e aplícanse con independencia, ademais de ser compatibles coas normas e os principios internacionais de dereitos humanos” (http://www.un.org/es/ruleoflaw/)



CONCLUSIÓNS
Creo que para unha primeira lectura superficial do texto, non sería demasiado necesario indagar nos termos anteriormente descritos. Mais, se queremos afondar nas profundidades ás que nos leva o autor, estas indagacións ábrennos portas que non poden deixarnos indiferentes. Transmítenos unha inquietude que nos fai mirar arredor e reflexionar de verdade sobre en que sociedade vivimos.
Grazas a este traballo, afondamos en temas de actualidade que nos afectan directamente como membros da sociedade.

1 comentario:

  1. Etá ben, pero Democracia quedounos sen fonte, e as fontes non están ben referenciadas. No texto pódense por enlaces, pero despois habería que facer a relación de fontes usadas e escribilas axeitadamente.
    O que interesaba era ver a idea ou ideas, tras o proceso de documentación, que parra ti é significativo. a idea era que ti poideras falar, por exemplo, de pensamento crítico en calquera momento e calquera situación. diso se trataba de dispor de máis argumentos e reflexións sobre aquelas cousas que te suscitaron curiosidade (repetido noutro blog).
    Tratábase de ampliar o coñecemento e contalo de cada clave que nos chamou a atención.

    ResponderEliminar